Saltar ao contido

Selección de fútbol de Gales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gales
Actual campión da Copa do Mundo
Actual campión da Eurocopa
Actual campión da Copa de África
Actual campión da Copa América
Actual campión da Copa Ouro
Actual campión da Copa Asiática
Actual campión da Copa das Nacións da OFC
Na casa
Fóra
Asociación Cymdeithas Bêl-droed Cymru
Confederación UEFA (Europa)
Código FIFA WAL
Alcume Y Dreigiau (Os Dragóns)
Clasificación FIFA 23 (11de xuño de 2020)
Clasificación ConIFA {{{Ranking ConIFA}}}
Seleccionador Gales Ryan Giggs
Máis encontros Chris Gunter (96)
Máximo goleador Gareth Bale (33)
Estrea internacional
Escocia Escocia 4 − 0 Gales Gales
Glasgow, Reino Unido; 26 de marzo de 1876
Maior vitoria
Gales Gales 11 − 0 Irlanda Irlanda
Wrexham, Reino Unido; 3 de marzo de 1888
Maior derrota
Escocia Escocia 9 − 0 Gales Gales
Glasgow, Reino Unido; 23 de marzo de 1878
Copa do Mundo
Participacións 1 (primeira en 1958)
Mellor resultado Cuartos de final (1958)
Eurocopa
Participacións 2 (primeira en 2016)
Mellor resultado Semifinais (2016)

A Selección de fútbol de Gales (en galés: Tîm pêl-droed cenedlaethol Cymru, en inglés: Wales national football team), dependente da Asociación de Fútbol de Gales (Cymdeithas Bêl-droed Cymru, Football Association of Wales), é a terceira selección de fútbol máis antigas do mundo, a cal representa internacionalmente a Gales. Nunca conseguiu ningún título de relevancia, sendo os seus mellores resultados en torneos internacionais a participación en cuartos de final da Copa de Mundo de 1958 e en semifinais na Eurocopa de 2016.

Artigo principal: Millennium Stadium.

Durante o período 2000-2010, Gales xogou a maior parte dos seus partidos como local no Millennium Stadium de Cardiff. Antes de 1989, Gales xogaba os seus partidos nos estadios do Cardiff City FC, Swansea City AFC e Wrexham FC. O primeiro partido de fútbol de Gales no Millennium Stadium foi contra Finlandia o 29 de marzo de 2000. Os finlandeses gañaron o encontro por 2-1, con Jari Litmanen converténdose no primeiro xogador en marcar un gol no estadio. Ryan Giggs anotou o gol de Gales no partido, converténdose no primeiro galés en anotar no estadio.